XI LUSOCOM, 2014 – call for papers

Call for papers

Marca-territorio: a construción da(s) identidade(s) a través da comunicación

11 e 12 de abril de 2013

Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación – Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) Galicia – España

 

Presentación / Apresentação

O espazo lusófono de comunicación comparte a preocupación polo complexo equilibrio entre o mantemento da identidade sustentada na cultura e a necessária integración nun espazo comunicativo global. Dende esta perspectiva a utilización da comunicación como ferramenta básica na construción identitaria ven sendo una realidade nos distintos territorios lusófonos.

Neste contexto a potenciación da “Marca Territorio” supón unha oportunidade de grande interese. Unha “Marca-Territorio” que debe ir máis aló do concepto “Marca país” – que se está difundindo dende unha perspectiva puramente marketiniana – e debe evitar a súa delimitación baseada en fronteiras xeográficas ou políticas.

O Lusocom 2014 serve como foro de debate para coñecer a realidade e a evolución desas “Marca-Territorio” concibidas dende moitas perspectivas e que, como calquera marca, se compón dunha misión, visión e valores concretos que poden ser xestionados dende a comunicación, sendo incluso posible medir o peso de cada un dos elementos que configuran esas “marcas”: identidade, cultura, medios, historia, lingua, comunicación…

Datas importantes

30 de novembro: data límite para o envío de propostas de comunicación.

15 de xaneiro: notificación da aceptación de propostas de comunicación.

1 de marzo: data de entrega do texto definitivo para a súa publicación.

Tódalas propostas de comunicación deben ser enviadas á Secretaría do Congreso através do e-mail: lusocom@uvigo.es

Moisés de Lemos Martins. Presidente da LUSOCOM
Margarita Ledo Andión. Presidenta da AGACOM
Emma Torres Romay. Directora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Universidade de Vigo.

Tags , ,

Deixe uma resposta

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *